lunes, 23 de febrero de 2015

FINALIZAN OS CONCURSOS DA MESA DE BANDA DESEÑADA

Tras as vacacións de Nadal os cómics ateigaron a nosa biblioteca, permitindo que todos desfrutaramos coas aventuras de Asterix e Obelix, de Os Barbanzóns, de Tintín, de Lucky Luke... Porén, todo o bo chega ao seu fin e a nosa mesa de banda deseñada remata con varios premios.

Kaito Tenreiro Sashida, alumno de 4ºA, resultou gañador do concurso de debuxo no que participaron os alumnos de Primaria. Inspirándose nas historietas de Mortadelo y Filemón, obsequiounos con esta fermosa obra:


O concurso gozou dunha participación moi alta e a elección do gañador resultou moi difícil dada a grande calidade dos debuxos recibidos, os cales decoran agora a biblioteca. Convidámosvos a todos a pasar a velos!






No tocante ao xa coñecido concurso "Adiviña o fragmento", queremos felicitar tamén a todos os acertantes, que adiviñaron que a resposta correcta era: A retirada de Sir John Moore. Entre todos eles, o premio recaeu en Cristina Mouriño Domínguez e Yamila Ferreira Escobar, alumnas de 3º da ESO.

Desde o Plan Lector queremos agradecer ao alumnado a súa participación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario