miércoles, 25 de marzo de 2015

RELATO GAÑADOR EN GALEGO

Xulio

Xulio era un neno que cambiara de colexio e falaba galego. El era moi bo rapaz e sacaba boas notas, sobre todo en galego. El era un rapaz moreno, cun pelo rizado e un nariz grande e ollos pequenos, de estatura baixa e que soía ir vestido cun xersei azul, uns pantalóns amarelos e zapatos negros. 
Levábase moi ben cos profesores, pero os compañeiros eran moi crueis. Rafa, un rapaz da clase de Xulio e o seu grupo de amigos chamaban "pelota" a Xulio e ríanse del por falar galego. Crían que porque Xulio fose un rapaz calado e que falaba galego, era moi malo facendo actividades e era débil.
Un día, a clase de Xulio foi de excursión ao campo de golf e a clase fixo grupos de equipo e Rafa fíxose un grupo cos seus compañeiros e deixaron a Xulio só nun grupo, o das nenas, e comezaron a xogar ao golf. O grupo de Xulio foi o gañador, porque este fixo moitos máis puntos que Rafa e o seu grupo, así que Xulio e as súas compañeiras gañaron unha bolsa de gominolas cada un.
Chegou o día das olimpíadas do colexio e a clase de Xulio tiña que elixir entre dous deportes: fútbol e brilé. Os nenos elixiron o fútbol e as nenas o brilé, e comezaron as olimpíadas do curso de Xulio, 1º da ESO. A clase de Xulio era 1ºA e o grupo de brilé desa clase gañou. Só quedaba o equipo de fútbol.
O primeiro partido gañouno a clase de Xulio cun gol de Rafa, e no segundo partido, 1ºA ía perdendo un a cero. Marcáranlle un gol ao porteiro, Rafa fallara varios tiros e Xulio estivera de reserva. A profesora cambiou a Rafa por Xulio e a clase quedou impresionada. Comezou a segunda parte e sacou Xulio, regateou aos inimigos e marcou. Despois, sacou o equipo contrario, pero Xulio quitoulles o balón e marcou. O equipo de Xulio gañou, todos o felicitaron e comprenderon que a primeira impresión dunha persoa só era iso, e que falar galego non é nada malo, e Xulio fixo moitos amigos.

O gañador do II Concurso de Relatos na modalidade de Galego foi Miguel Rodríguez Rial de 1º ESO A.

Miguel co seu relato.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario