sábado, 21 de octubre de 2017

UN CURSO MÁIS: CHEGAN OS AVÓS!

Ao igual que fixeramos o curso pasado, decidimos celebrar o Día Internacional das Persoas de Idade (1 de outubro) convidándovos a vós, as avoas e os avós dos pícaros do Fogar, a que nos visitedes ao longo de outubro e novembro. Nestes encontros na biblioteca poderedes lernos contos, falarnos de como era a escola cando erades nenos, etc.

Algúns de vós xa nos visitastes ao longo desta semana, e xa puidestes desfrutar dun tempiño cos vosos netos e os seus compañeiros. Aquí vos deixamos algunhas fotos destes encontros:

Mateo, avó de Matías (6º Inf. A).





Rosa, avoa de Alba (4º Inf. A) e de...

...Inés! (6ºB de Primaria).



Mari, avoa de Diego (5º Inf. C)



Joaquín, avó de Martín (1ºB de Primaria).


Os avós e as avoas que queirades pasar un tempiño con nós, desfrutando cos vosos netos e cos seus compañeiros na Biblioteca, contándonos lendas, historias, lembranzas..., non o dubidedes!


No hay comentarios:

Publicar un comentario