viernes, 3 de noviembre de 2017

SABOREANDO VENEZUELA

Este curso andamos a traballar nun proxecto chamado UN FOGAR DE PAÍSES, no cal estamos a achegarnos aos distintos países e culturas do mundo a través da investigación das diversas nacionalidades presentes no noso cole. Contar no Fogar con alumnos con raíces en lugares tan diferentes como Brasil, Italia, Etiopía, Inglaterra, Colombia, Francia ou China, supón un privilexio e unha riqueza que nos dá a oportunidade de aprender, de coñecer novos lugares e culturas, de asentar valores como o respecto, a amizade e a solidariedade, e en definitiva, de desfrutar da diversidade do noso cole. O Fogar constitue unha pequena-gran familia con lazos que se extenden por Europa, África, Asia e América.

Así, os diferentes grupos de Infantil e Primaria xa comezaron a investigar acerca dos países que lles ocupan, buscando información sobre aspectos como a música, o deporte, a historia ou a gastronomía. Precisamente este último tema, a gastronomía foi protagonista dunha das sesións desta semana, que tivo un claro sabor a Venezuela. Grazas a María Estela, un pequeno ciclón chegado de Maracaibo, e ás súas compañeiras de 5ºB, Inés, Emily, Sofía, Lucía e Claudia, probamos diferentes postres típicos de Venezuela, como as arepas doces e a torta de leite. Ademais, estas seis cociñeiras de primeira prepararon para nós un postre que tamén adoita acompañar moitas comidas nese país: brownies.



Aquí vos deixamos unha mostra das delicias que puidemos degustar:

Arepas doces

Torta de leite

Brownies

Os afortunados que desfrutaron destas saborosas receitas foron os nenos e as nenas de 5º Inf. A e os de 5ºB de Primaria. Mais, antes de probar os postres, todos escoitamos como se elaboran, de que datas son típicos, etc. 







Coa bandeira de Venezuela, dámoslle as grazas a estas seis cociñeiras que nos achegaron tan ben a este fermoso país de América do Sur.



En próximas entradas do blog vos iremos amosando como vai transcorrendo o noso proxecto. Polo momento, seguimos a investigar, como vedes nestas fotos dos alumnos de 6ºC:






Ou nestas de 5ºA:





E tamén, como non, continuamos a expoñer o que imos averiguando ante os nosos compañeiros de clase e ante outros grupos. Aquí podedes ver a Diego, a Adrien, a Elizaveta, a Samantha e a Sara Sofía, de 4º de Primaria, falándonos acerca de todo o que descubriron sobre as bandeiras de Perú, Francia, Bielorrusia e Venezuela.







A todos aqueles que queirades participar no proxecto, vos invitamos a visitarnos e a falarnos de Arxentina, Senegal, Marrocos, Rumanía ou calquera dos países que andamos a traballar.






No hay comentarios:

Publicar un comentario