viernes, 2 de febrero de 2018

A BRUXIÑA MAGALIA VISITA O FOGAR

Este luns tivemos unha visita moi especial, a da Bruxiña Magalia, que pasou polo cole para celebrar con nós o Día da Paz. 



Esta divertida bruxiña nos fixo desfrutar co conto Dame un abrazo (Libro Divo), no que un coelliño lle pide abrazos á súa nai a calquera hora do día: cando sae o sol, cando está un pouquiño triste, cando se fai de noite... Así, o coelliño, no canto de berrar e pelexar cando as cousas non saen como el quere, atopa a solución entre os tenros brazos da súa mamá.



Mais esta bruxiña contacontos non se detivo aquí, e tamén representou para nós o conto A sopeira e o cazo (SM), do xenial Michael Ende, creador de obras inesquecibles como A historia interminable ou Momo. No conto que dramatizou para nós a Bruxiña Magalia, dous reinos se enfrontan nunha guerra, até que uns nenos se decatan de que colaborando conseguen o mellor para todos e son moito máis felices. E, para rematar ben o conto, grazas á maxia da nosa amiga bruxiña, unha pota baleira se encheu de sopa!


Aquí vos deixamos unhas fotos da sesión:





E antes de despedirnos, queremos dar as grazas á Bruxiña Magalia por facérnolo pasar tan ben e por ensinarnos tantas cousas. A todos os que non a coñezades, vos animamos a asistir a algunha das sesións de contacontos que esta divertida bruxiña desenvolve en librarías e bibliotecas. Sen dúbida, desfrutaredes con historias que transmiten valores fundamentais, como a dos álbumes Rosa Caramelo (Kalandraka) ou A vaca que puxo un ovo (Patasdepeixe), dúas das súas obras favoritas. E como esta bruxiña tamén sabe falar en inglés, vos axudará a aprender novas palabras neste idioma mentres esoitades os contos! Todos aqueles que queirades coñecela, podedes seguila na súa páxina de Facebook "Bruxiña Magalia", onde vos irá informando dos seus próximos contacontos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario