martes, 6 de febrero de 2018

VIAXAMOS ATÉ INGLATERRA CON CHRIS

O pasado venres recibimos a visita de Chris, que pasou pola biblioteca do Fogar para levar ao seu fillo Mario e aos seus compañeiros de 2ºB de viaxe até o seu país natal: Inglaterra.



Os nenos e as nenas deste grupo levan desde comezos de curso investigando sobre este país, polo que tiñan unha morea de preguntas que facer. Chris, ademais de responder todas as preguntas que lle realizamos, e de pesarnos e medirnos seguindo as unidades inglesas, falounos de cousas tan dispares como a orixe da bandeira de Inglaterra, a Raiña Isabel II, a libra esterlina, o cricket, o fish and chips, ou a hora do te. Aquí vos deixamos algunhas fotos da sesión:








Queremos agradecer a Chris a simpatía e o bo humor cos que nos ensinou tantas cousas de Inglaterra.



3 comentarios:

  1. Gracias por compartir pero el nombre del papá de Mario es Christopher o Chris a secas. Paul es su segundo nombre pero no creo que lo haya usado nunca. Gracias de nuevo

    ResponderEliminar
  2. Este Paul no es tan fotogénico como Chris! Lo pasé muy bien y agradezco la oportunidad de ir. La experiencia ha sido muy buena. Con respecto al nombre, es verdad que no lo uso nunca, pero los demás si! Por algo me lo dieron mis padres. De hecho, los dos usan su segundo nombre así que el problema podría ser genetico. Saludos

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Moitas grazas, Chris! Alégranos que o pasases ben cos rapaces. Grazas por regalarnos o teu tempo, por todo o que nos ensinaches e polo ben que nolo fixeches pasar a todos. Xa correxximos agora mesmo o do nome. Unha aperta para ti e para Carmen.

      Eliminar